CRTVG

Buscar

Arde o soto da antiga cafetería El Remanso da Coruña

Publicado o 16/06/2019 15:14
Arde o soto da antiga cafetería El Remanso da Coruña

Os bombeiros da Coruña tardaron unha hora en apagar o lume que afectou parte do soto de El Remanso, nos Catro Camiños, un local municipal que albergou unha cafetería-restaurante e que leva anos abandonado. Actualmente hai persoas que pernoctan dentro del, se ben no momento do incendio estaba baleiro. Arderon as madeiras que revisten as paredes do baixo e refugallos acumulados no lugar.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/06/2019