CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Arde o barco do ex-futbolista Míchel Salgado no porto deportivo de Punta Lagoa, en Vigo

Publicado o 14/03/2015 14:52
E hoxe podemos ver novas imaxes dos momentos posteriores a que se declarase un incendio no iate, propiedade do ex-futbolista do Celta e do Real Madrid Míchel Salgado.
O Tibu II, ardeu na súa praza de amarre do porto deportivo de Punta Lagoa, en Vigo.
O sinistro provocou unha enorme columna de fume que se divisou a varios quilómetros. Tanto Gardacostas como a Garda Civil do Mar contribuíron aos labores de extinción con canóns de auga. A embarcación de recreo de 20 metros de eslora comezou a arder na tarde de onte sen que se producisen danos persoais.
Expertos en incendios investigan o suceso, que se atribúe en principio a un curtocircuíto.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí