CRTVG

Buscar

Arde Notre Dame: oito séculos de historia no corazón de Europa

Publicado o 16/04/2019 07:55

A catedral de Notre Dame non foi testemuña muda da historia. As súas campás tocan aquí polas vítimas do atentado á revista satírica Charlie Hebdo. Outras veces tivo motivos máis alegres, como anuciar a liberación de París o 25 de agosto de 1944. Non foi menor a cerimonia da coroación de Napoléon como emperador de Francia, ou a canonización de Xoana de Arco, un momento en que a lenda conta que as gárgolas da basílica cobraron vida.

Queda por ver canto se perdeu e canto se poderá recuperar desta construción iniciada no 1163, un dos edificios máis antigos do gótico, de gran valor arquitectónico. O fogar de Quasimodo, o campaneiro corcovado saído do maxín de Víctor Hugo, personaxe da novela A nosa Señora de París. A ficción consolidou unha fama mundial que se demostra en datos: trece millóns de visitantes ao ano.

Estudos recentes apuntan a que Quasimodo podería estar baseado nun tallador que traballaba nas obras de restauración da catedral na década de 1820. E precisamente neste momento estaba de novo en obras polo mesmo motivo. Agora, o que semella un accidente conseguiu o que non lograron nin a Comuna de París nin os nazis: ferir esta icona europea, cuxas campás falaron sempre dende o corazón do continente, agora encollido por vela envolta en lapas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019