CRTVG

Buscar

Arde en Camariñas a nave dunha empresa de instalacións eléctricas

Publicado o 14/10/2019 14:48

O lume declarouse pola mañá no interior da nave dunha empresa de instalacións eléctricas situada na parroquia de Xaviña, en Camariñas. No momento do incendio non había ninguén dentro.

O lume espallouse con rapidez e foi necesaria a intervención dos bombeiros de Cee e Santa Comba. Ata sete unidades participaron nos labores de extinción, xa que no interior había gran cantidade de material de traballo almacenado e coches, e tamén combustible que, finalmente, non se viu afectado.

Xunto aos danos estruturais, na nave as perdas en material son cuantiosas, entre elas 4 coches, 2 motos e unha carretilla elevadora.

Á espera de que se investigue a orixe do incendio e da avaliación do seguro, Roberto só pensa en poñer de novo a empresa a funcionar. Agradece o apoio recibido dos veciños e mesmo de empresas doutros concellos que lle ofreceron axuda para que poida seguir a realizar o traballo.

Malia virulencia das lapas ningunha das casas lindeiras sufriu danos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019