CRTVG

Buscar

Arde de madrugada unha vivenda ocupada ilegalmente en Vigo

Publicado o 24/01/2020 14:29

Acontecía de madrugada no número 72 da rúa Poboadores de Vigo. O interior desta casa, ocupada dende hai tempo de forma ilegal, era pasto das lapas. O lume, e sobre todo a intensa fumareda que saía polas ventás, alertou unha veciña.

Varias dotacións de bombeiros e tamén da Policía Local achegáronse ata aquí. A virulencia das lapas obrigou os equipos de emerxencia a empregarse a fondo. Tardaron varias horas en sufocalo. Ningún dos okupas habituais da vivenda, á que accedían por unha ventá, quedou ferido.

A casa, que leva moitos anos ocupada de forma ilegal, quedou completamente calcinada. Os veciños aseguran que é un risco deixala nese estado.

Os veciños piden que se tomen medidas urxentes, ben sexa a través dos seus propietarios ou ben a través do Concello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2020