CRTVG

Buscar

Arde a vivenda dunha muller de oitenta anos en Cospeito

Publicado o 06/09/2019 21:15

E o lume tamén foi protagonista en Cospeito. Un incendio calcinou por completo a vivenda dunha señora maior na parroquia de Xustás. A muller, que vive soa e ten problemas de mobilidade, tivo que ser rescatada do inmoble polos bombeiros de Vilalba. O incendio causou tanto fume que o 112 recibiu numerosas chamadas dos veciños alertando do que estaba a acontecer. Aínda se investigan as causas.. Ata o lugar tamén se desprazou unha unidade de emerxencias sanitarias que prestou os primeiros auxilios á muller.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019