CRTVG

Buscar

Arde a forraxe dunha nave no centro de Xenética Fontao

Publicado o 02/10/2020 21:03

No centro de Xenética Fontao, en Lugo, levaron un bo susto esta tarde por causa do lume.

As lapas prenderon nunha das naves onde se almacea forraxe, neste caso pacas de palla, que ardeu con facilidade.

A rápida intervención dos bombeiros evitou que o lume se espallara ás naves lindeiras onde se atopa a maquinaria e o gando. Mesmo se puido salvar o tellado da afectada.

Aquí foi onde pasou a súa vida o famoso touro mario xacobeo.

Noticias web

02/10/2020