CRTVG

Buscar

Arde a fachada dun edificio en obras no centro da vila de Noia

Publicado o 10/08/2018 17:48

Esta tarde declarouse un espectacular incendio na rúa Xaquín Agra Cadarso, en Noia.

Ao parecer, o valado protector da fachada dun edificio en obras comezou a arder e en poucos minutos prendeu nos disolventes e pinturas que tiñan os operarios nos andamios. 

As altas temperaturas fixeron estalar varios cristais das ventás do edificio. Afortunadamente só hai que lamentar danos materiais. 

Os bombeiros de Boiro desprazáronse ata o lugar e conseguiron controlar e apagar o lume.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018