CRTVG

Buscar

Arde a cabina dun camión na AP-9 á altura de Caldas de Reis

Publicado o 08/10/2021 10:45
Arde a cabina dun camión na AP-9 á altura de Caldas de Reis

Arde un camión na AP-9. Ocorreu en Caldas de Reis, á altura de Carracedo. O 112 recibiu pasadas as 08:30 da mañá as primeiras chamadas alertando do suceso. As lapas envolveron por completo a cabina e o lume afectou a parte da carga que transportaba alimentos.

O suceso ocorreu no punto quilométrico 103 da AP-9 en sentido Santiago de Compostela. Ata o lugar acudiron os bombeiros de Vilagarcía, do Salnés e os de Ribadumia, así como o GES de Padrón e a Garda Civil de Tráfico.

A circulación non se cortou, pero recomendouse circular con precaución.

 

Noticias web

08/10/2021