CRTVG

Buscar

Arco Iris ofrece 5.000 euros a quen identifique ao autor do incendio de Verín

Publicado o 07/08/2017 13:17

Nun comunicado, a asociación di que todo apunta a que o lume foi causado por un chisqueiro. Aseguran que a información fiable será tratada de xeito confidencial

A asociación ecoloxista Arco Iris ofrece 5.000 euros a quen dea información fiable que permita a detención do autor ou autores do incendio de Verín.

Nun comunicado, a asociación di que todo apunta a que o lume foi causado por un chisqueiro nunha pista forestal, afectando a unha ampla superficie de gran valor ecolóxico. Por iso din que é prioritario deter aos responsables do que definen como "terrorismo forestal". E ofrecen os 5.000 euros a cambio de información fiable que será tratada de xeito confidencial, explican.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2017