CRTVG

Buscar

Araújo: "Hai que ter coidado cos contactos porque te expulsan"

Publicado o 18/09/2019 20:33

É difícil pasar a páxina do Granada. Os xogadores teñen que afacerse a medir ben a forza coa que se empregan. A intención non conta. 

Araújo, R. C. Celta: "Vas sen querer. Cos pés, os movementos son curtos, imprecisos. Pero teste que adaptar porque, xa nos pasou, bótante".

A pesar de tratarse dunha norma FIFA, Araújo comprobou que en México, pasa desapercibida. 

Araújo, R. C. Celta: "Alá non, nin se falou da norma".

Pois agora tócalle ao Celta un partido esixente contra o Atlético de Madrid. Agradecen que xogue Champions e contra a Juventus. 

Araújo, R. C. Celta: "É bo. Ímolo mirar para ver como preparar o partido do sábado."

Aínda que xa xogaron de inicio os catro centrais, Araújo e Aidoo perfílanse como a parella titular. 

Araújo, R. C. Celta: "Fichouse de maneira espectacular e hai máis competencia".

A pista definitiva, no Metropolitano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019