CRTVG

Buscar

Os tres ex-xogadores da Arandina negan a agresión sexual a unha menor

Publicado o 21/11/2019 19:42

Víctor Rodríguez, de 22 anos; Raúl Calvo, de 19, e Carlos Cuadrado, de 24, chegaron á Audiencia Provincial de Burgos acompañados polos seus avogados e aparantemente tranquilos:

-Victor Rodriguez, "nervioso?"

-"Non, estou ben".

Os tres sentan no banco dos acusados nun xuízo que se celebra a porta pechada. Carlos Cuadrado e Victor Rodríguez foron os primeiros en declarar e, segundo algunhas testemuñas presentes na sala, estaban moi tranquilos. O terceiro, Raúl Calvo, semellaba máis nerivoso.

Raúl Calvo, acusado: "Espero que saia todo ben, como ten que saír" (estás tranquilo Raúl). Avogado: "Non pode estar tranquilo cunha petición de 40 anos". Avogada: "Está tranquilo, pero estádelo agoniando un pouco, por favor".

Os acusados responderon só as preguntas da fiscalía e dos seus avogados. Os tres insistiron en que non mantiveron relacións sexuais coa menor no piso que compartían ,o 24 de novembro de 2017. E tampouco sabían que a rapaza tiña 15 anos, a pesar de que o día dos feitos Víctor Rodríguez recibiu unha mensaxe no móbil advertíndoo de que a moza era menor.

Luis Antonio Calvo, avogado da acusación popular: "Si, si que existe algunha contradición e algunhas cousas que non están ben explicadas pero me resérvoo porque forma parte do meu exercicio da acusación".

Olga Navarro, avogada de Raúl Calvo: "Ningunha, non houbo absolutamente ningunha contradición entre os xogadores".

A Fiscalía pide 40 anos de prisión para Raúl Calvo e 39 para cada un dos outros dous procesados mentres que as defensas piden a libre absolución. Este venres declara a vítima e tamén os seus pais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019