CRTVG

Buscar

Arancha González Laya comparece hoxe como investigada polo caso Gali

Publicado o 04/10/2021 09:37

A exministra de Exteriores Arancha González Laya comparece hoxe ante o xuíz como investigada polo caso Gali. Laya comparecerá de xeito presencial nos xulgados en Zaragoza. O seu xefe de gabinete, tamén investigado, dixo que fora ela quen levara a xestión da entrada de Brahim Gali en España e que lle pedira máxima discreción.

O líder da Fronte Polisario chegou a mediados de abril, enfermo de covid−19, a través da base aérea de Zaragoza. Tróuxoo un avión medicalizado alxeriano e foi trasladado ao hospital de Logroño por unha ambulancia do servizo de saúde da Rioxa. Ingresou baixo o nome de Mohamed Benbatouche.

 

Noticias web

04/10/2021