CRTVG

Buscar

Aragonès reivindica o 1-O no cuarto aniversario: "Cataluña volverá votar"

Publicado o 01/10/2021 14:58

No cuarto aniversario do un de outubro, o presidente da Generalitat dixo que o referendo é a única solución ao conflito de Cataluña. Nunha declaración institucional, Pere Aragonès asegurou que non renuncia a ningunha vía para culminar a independencia.

"Cataluña volverá votar. O referendo é a solución inevitable, sábeno os cataláns e sábeo o Estado. Comprometémonos a continuar o camiño á independencia, forzando unha negociación co Estado español, pero non só, sen renunciar a nada", asegurou o presidente da Generalitat.

 

Noticias web

01/10/2021