CRTVG

Buscar

Aragonès recibe os indultados na Generalitat: "Seguimos empeñados en lograr a independencia"

Publicado o 28/06/2021 18:45

EFE

Pere Aragonès recibIU no Palau da Generalitat os nove dirixentes independentistas indultados a semana pasada. Nun acto solemne, o presidente da Generalitat expresoulles o seu recoñecemento e admiración, reclamou o regreso dos que chamou exiliados e insistiu en que vai perseverar para facer posible a amnistía e a autodeterminación. Pola mañá, o Tribunal Supremo desestimara a petición de Ciudadanos de suspender os indultos. Os xuíces din que non hai razóns de urxencia para privara os 9 políticos do dereito fundamental á liberdade e tampouco ven risco de fuga.

Noticias web

28/06/2021