Aragonés fracasa no seu segundo intento de ser investido e advirte a Junts que non vai aceptar "tutelas"
Pere Aragonès tampouco obtivo a maioría suficiente na segunda votación para a súa investidura. E Esquerra e Junts teñen agora un prazo para poñerse de acordo se queren evitar novas eleccións.
Porque hoxe Pere Aragonès volveu contar só cos votos do seu partido e os da CUP, 42 apoios, moi lonxe da maioría simple que precisa. Junts mantivo a abstención, malia que o candidato de Esquerra centrou o discurso neles: pediulles achegar posturas porque as distancias non son insalvables, dixo, e apelou ao camiño percorrido xuntos.
Así que a partir de hoxe o reloxo vólvese poñer e marcha, e ábrese un prazo de dous meses para volver presentar e votar candidato, ou haberá que convocar de novo eleccións en Cataluña.
No seu discurso ante o Parlament, Aragonés deixou claro que non aceptará unha bicefalia no Goberno, e que non vai permitir tutelas, referíndose veladamente a Carles Puigdemont.