CRTVG

Buscar

Aragonès di que tras os indultos "é a hora dun referendo acordado"

Publicado o 22/06/2021 16:24

O presidente da Generalitat, Pere Aragonès, afirmou este martes que os indultos axudan a xerar credibilidade ao diálogo e a negociación co Goberno central, pero pediu a amnistía e pactar un referendo de autodeterminación: "É a hora dun referendo acordado".   

Aragonès realizou unha declaración institucional desde a Sala Gótica do Palau da Generalitat acompañado de todo o Govern, logo de que o Consello de Ministros aprobase os indultos aos nove presos do 'procés'. "Desde o Govern da Generalitat destinaremos todos os esforzos a facer posible esta nova etapa onde a negociación e a política deben ser o espazo para resolver un conflito que leva demasiado tempo enquistado", dixo.

Pere Aragonès defendeu que os indultos non acaban coas causas xudiciais que afectan a independentistas e que aínda están pendentes, polo que reclamou a amnistía: "Esiximos ao Estado a que cese toda a represión".

Noticias web

22/06/2021