CRTVG

Buscar

Aragón suspende as clases ata o mércores

Publicado o 10/01/2021 21:01


O responsable de Interior da Generalitat pediulles aos cidadáns que non baixen a garda e que non saian da casa se non é estritamente necesario. Lembra que o perigo aínda existe a pesar de que o temporal comeza a remitir. O frío intenso que se prevé a partir deste luns vai formar placas de xeo nas estradas e vai seguir complicando aínda máis a circulación. De momento, o Goberno catalán decidiu suspender o transporte escolar en tres comarcas de Lleida e Tarragona. Unha vintena de estradas permanecen pechadas e en oitenta hai que utilizar cadeas. E máis de seis mil clientes de 40 municipios están sen luz. En Asturias, Castela-A Mancha e Aragón suspendéronse as clases ata o mércores.

Pilar Alegría, delegada do Goberno en Aragón: "Pareceunos o máis pertinente para salvagardar a seguridade, para garantir a limpeza nos accesos dos centros e tamén a habitabilidade dentro das aulas, que as baixas temperaturas van facer que estean moi frías".

En Teruel e Zaragoza, efectivos da Unidade Militar de Emerxencia traballan para abrir vías bloqueadas. Tamén comezaron a moverse os milleiros de camións retidos pola neve en distintos puntos, coma estes 600 atrapados en Castelló.

 "Mira, non podo dicir que abandonados, pero descoidados un pouquiño si" "Eu só vin á Cruz Vermella esta semana traer un café e unhas galletas"

A neve acumulada aínda segue causando moitos problemas para circular por máis de seiscentas estradas. 150 da rede secundaria estiveron cortadas. E en 15 vías da rede principal era obrigatorio o uso de cadeas ou de pneumáticos de inverno.

Noticias web

10/01/2021