CRTVG

Buscar

Aragón pide igualdade de trato na súa candidatura olímpica con Cataluña

Publicado o 16/09/2021 16:22

Era unha cita para falar dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2030. Pero o que aconteceu onte en Barcelona estivo moi presente no encontro entre Pedro Sánchez e Javier Lambán, un dos dirixentes socialistas máis críticos cos independentistas. Aragón e Cataluña pretenden organizar nos Pireneos a cita olímpica de 2030. "Os aragoneses non somos menos que ninguén", dixo Lambán. 

Falaban de espírito olímpico pero cun claro transfondo político. "O deseño olímpico será de igual a igual", garantiu Sánchez. 

O Goberno fala de nova etapa na relación con Cataluña en que por riba das diferenzas hai unha vontade de diálogo. Avanzar sen présa pero sen pausa, para solucionar problemas cotiáns e normalizar a situación.

Mentres, o Partido Popular fala de mesa da humillación e pide presidentes autonómicos socialistas que se planten ante o trato desigual con Cataluña.

Noticias web

16/09/2021