CRTVG

Buscar

Aragón, Lleida e Málaga rexistran os rebrotes máis importantes de coronavirus

Publicado o 24/06/2020 14:27

As autoridades seguen pendentes dos rebrotes. Os primeiros concentráronse en explotacións agrícolas, residencias de maiores e centros sanitarios.

Aragón, Lleida ou Málaga son algúns dos lugares onde se rexistran estes focos novos de covid-19.A situación máis preocupante segue sendo o rebrote que afecta catro comarcas aragonesas e a veciña do Segría, en Cataluña.

Os máis de 40 casos positivos detectados no Baixo Aragón-Caspe obrigaron a esta comarca zaragozana a retroceder a fase dúas da desescalada, como xa sucedera coas oscenses do Baixo e Medio Cinca e A Litera.

Os contaxios afectan varias familias e están relacionados con traballadores de explotacións hortofrutícolas.

Máis de 80 persoas permanecen confinadas polos brotes detectados nunha residencia de maiores e nun hotel da cidade de Lleida e nunha granxa escola de Serós, na comarca do Segrià.

En Málaga, detectouse outro foco de contaxios con nove persoas que deron positivo no centro de acollida da Cruz Vermella e faise seguimento activo dun cento de casos máis.

Tres novos positivos, un paciente e dous sanitarios, elevan a 21 os contaxios detectados no hospital Río Hortega de Valladolid.

Noticias web

24/06/2020