CRTVG

Buscar

Aragón considera baixo control o brote que afecta a catro comarcas

Publicado o 24/06/2020 21:30

A sanidade aragonesa considera que ten baixo control o brote que se iniciou nunha empresa hortofrutícola de Zaidín pero con transmisión comunitaria a outros ámbitos. Todas as persoas que deron positivo por coronavirus e os seus contactos están illadas.

"Como temos policía constantemente de acordo coa Garda Civil estamos vixiando que ese confinamento se cumpra", di a alcaldesa dunha das localidades afectadas.

Xa se detectaron 133 positivos nas catro comarcas afectadas, pero as autoridades sanitarias advirten que van ser moitos máis.

"Estamos facendo moitísimas probas de PCR, por iso estamos detectando moitísimos casos que son asintomáticos", asegura a conselleiras de Sanidade, Sira Repollés.

Xente nova, contaxiada pero asíntomática, pode ser un coctel perfecto en diferentes circunstancias. O botellón pode ser outro dos grandes aliados do coronavirus para o inicio dunha transmisión comunitaria.

A Ertzaintza disolvía un macrobotellón en Biscaia, onde a xuventude compartía bebidas e troula sen máscara nin distancias. E nas praias de Cádiz, a repentina presenza policial frustrou o intento de milleiros de mozos de celebrar o San Xoán violando a prohibición. Os mozos saíron correndo polo areal para evitar as multas.


 

Noticias web

24/06/2020