CRTVG

Buscar

Arancha, Lidia e Paula: tres mulleres pioneiras no mar

Publicado o 07/02/2019 23:06

O número de mulleres embarcadas en buques pesqueiros non supera a día de hoxe o 5 %. Dende a Fundación Fundamar pretenden cambiar esta realidade a través dun proxecto que promove a inclusión da muller neste sector tradicionalmente reservado aos homes. Hoxe falamos con tres mulleres, tres pioneiras, que xa se fixeron co seu sitio en mar aberto.

Chámase Arancha, é de Viveiro e en cuestión de días embarcará cara ás Malvinas nun arrastreiro de 70 metros de eslora como segunda oficial a bordo.

Xa estivo pescando no Gran Sol cubrindo unha baixa. Coñece de sobra o mar e estudou para embarcar en altura. Con todo, este traballo chega un pouco tarde para ela, a pesar da súa preparación.

Arancha non é o único exemplo deste proxecto de Fundamar. Xunto a ela tamén están Lidia e Paula.

 

Noticias web

07/02/2019