CRTVG

Buscar

Arabia Saudita quere crucificar o neno activista que pasou cinco anos en prisión por pedir dereitos humanos

Publicado o 11/06/2019 21:15

Arabia Saudita quere crucificar o neno activista que pasou cinco anos en prisión por pedir dereitos humanos para o seu pobo durante unha concentración da primavera árabe.

Murtaja tiña daquela 10 anos de idade, e tres despois fora detido polas autoridades. Agora, con 18 anos acabados de facer, enfróntase á pena capital. A petición do fiscal é que o seu corpo sexa sometido á crucifixión pública e a desmembración.

A comunidade internacional está alarmada e desde a ONU lembran que non hai maior vulneración dos dereitos humanos que a execución dun neno.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019