CRTVG

Buscar

Ara Malikian presentou no Monte do Gozo o seu último traballo 'Petit Garage'

Publicado o 22/07/2021 22:31

O violinista libanés de orixe armenia Ara Malikian estivo no Monte do Gozo dentro do Festival O Son do Camiño Perseidas. Ara Malikian amosou antes do concerto o seu violín. Afeito a todo tipo de escenarios, non dubidou en adaptar o seu proxecto musical á nova realidade: cultura segura, formato reducido e Petit Garage, un disco froito do confinamento. Da arte que o artista expande en cada concerto. Di que busca desfrutar e emocionar. A pandemia impide bailar; porén, o resto está practicamente garantido.



 

Noticias web

22/07/2021