CRTVG

Buscar

Apurando as últimas horas para mercar lotaría de Nadal

Publicado o 21/12/2020 21:42

Saímos á rúa... e confirmámolo. Este sinal na entrada da compostelá rúa do Franco indica unha dirección, pero a xente fai ringleira en dirección contraria. Todo para facerse cun décimo de lotaría. Semella que si, que quen máis quen menos agardou ata a última hora.

Chove, quedan poucos números pero non importa. Estamos a un paso de mercar e a dous dun sorteo que fai soñar... Poñamos máscaras e quitemos o público. Do resto nada cambiará.

As corazonadas teñen o tempo contado, os números tamén están contados... haberá que conformarse cos que quedan. Aínda que, xa se sabe, con isto dos números hai de todo...

Máis ringleiras tamén na Coruña. Previsiblemente en moitos puntos do país. No último día, á última hora ou no último minuto a ilusión salvou as vendas dun sorteo que, non por diferente e atípico, impedirá que mañá se repitan imaxes coma estas.


 

Noticias web

21/12/2020