CRTVG

Buscar

Apuñalan un menor nunha lea en Culleredo

Publicado o 19/02/2021 20:40
Apuñalan un menor nunha lea en Culleredo

Un rapaz menor de idade foi apuñalado ente venres en Culleredo (A Coruña) durante unha pelexa entre tres mozos. Actualmente atópase ingresado no hospital, segundo fontes da Garda Civil.

Os feitos tiveron lugar en Acea de Ama, preto das 10:30 horas desta mañá, cando a lea se saldou co rapaz ferido de arma branca.

O menor foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), onde se encontra con pronóstico reservado. 

A Policía Xudicial da Coruña é a encargada da investigación que esclareza o sucedido.