Aproximación á obra de Jorge Cabezas na Fundación Luís Seoane
Publicado o 21/05/2019 17:20
O museo coruñés acolle esta mostra, comisariada polo arquitecto Carlos Pita, que reúne 53 pezas do artista coruñés. Tamén un documental, realizado por Antonio Segade e Antón Reixa,no que interveñen moitos dos seus amigos e admiradores.
Na exposición vese a iconografía única deste pintor coruñés que comezou a súa carreira nos anos 90.