CRTVG

Buscar

A Revista

Aproveita o traxecto en bus urbano en Bogotá para se tinguir o pelo

Publicado o 07/03/2018 12:57

Que vivimos correndo, con présas, a fume de carozo, nunha sociedade estresada que non dá tempo para nada, está claro... pero tanto como para isto?

Esta moza non debe ter tempo de ir ao salón de peiteados e sen problema ningún e vergonza cero, tingue o pelo nun autobús urbano de Bogotá, a capital de Colombia, con luvas e todo, non fora mancharse. Outro pasaxeiro gravouna e as redes sociais aplaudiron. Non deberiamos rir tanto. O 'pelobús' é unha realidade en España, posta en marcha por Mensajeros de la Paz o ano pasado, para os que non teñen cartos que gastar no salón de peiteados. Ao mellor esta moza sería clienta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

07/03/2018