CRTVG

Buscar

Apróbanse 55 propostas de resolución no Debate sobre o Estado da Autonomía

Publicado o 11/10/2018 20:07

Hai escasos minutos remataba o Debate de Estado da Autonomía co debate e votación das propostas dos catro grupos parlamentarios.

En total aprobáronse 55, as corenta do PPdeG, que asumiu as anunciadas polo presidente da Xunta, e outras 15 acordadas coa oposición. Das de En Marea destacan a elaboración dun mapa de solos e priorizar a política cultural. As máis relevantes do PSdeG teñen que ver con máis autogoberno para Galicia e opoñerse a calquera proceso de recentralización, e as do BNG están relacionadas coa defensa dos intereses galegos ante a reforma da política agraria común e coa inclusión de Galicia na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018