CRTVG

Buscar

A ONU enviará unha misión a Chile para investigar violacións de dereitos humanos

Publicado o 24/10/2019 19:19

A alta comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Michelle Bachelet, anunciou este xoves o envío dunha misión de verificación a Chile para investigar as posibles violacións ás liberdades fundamentais durante as protestas. 

A Cámara de Deputados de Chile aprobou tamén este xoves establecer unha Comisión Investigadora sobre a xestión que están a facer os ministerios do Interior e Defensa, así como das Forzas Armadas e de Seguridade e Orde, do estalido social que vive o país desde o pasado venres. A comisión foi aprobada con 67 votos a favor, 31 en contra e 14 abstencións.

Co estado de emerxencia declarado en case todo Chile con e os militares na rúa, producíronse varios casos de presuntos abusos e violacións de Dereitos Humanos e, segundo o Instituto Nacional de Dereitos Humanos de Chile ( INDH), 5 dos polo menos 18 falecidos que se produciron ata o momento foron a mans de axentes do Estado.

O INDH, unha entidade pública pero autónoma, contabiliza, despois de seis xornada de protestas, unha cantidade de detidos de 2.410 no seu último balance, dos que 898 se produciron en Santiago e o resto en rexións. En canto aos feridos, o organismo de dereitos humanos contabiliza 535 persoas vítimas non mortais desde o pasado xoves, dos 210 do total de feridos foron por armas de fogo.

Noticias web

24/10/2019