Aprobados os proxectos para Ourense Termal e A Mariña lucense
Publicado o 28/07/2021 21:00

O Goberno aprobou os plans de sustentabildade turística de Ourense Termal e da Mariña lucense. As dúas propostas supoñen unha inxección de case cinco millóns e medio de euros en investimentos para mellorar as infraestruturas e a competitividade do sector turístico nas dúas áreas.
A Xunta salientou a importancia da nova para o desenvolvemento sostible da actividade turística. Os dous plans súmanse aos aprobados o ano pasado para Santiago de Compostela e a Ribeira Sacra.