CRTVG

Buscar

Aprobado o documento inicial do PXOM de Vigo só cos votos socialistas

Publicado o 26/08/2021 12:34

Aprobado o PXOM de Vigo sen o apoio da oposición. O pleno do concello deulle o visto e prace de forma inicial ao documento só cos votos a favor dos 20 concelleiros do grupo socialista.

Os catro edís do PP votaron en contra mentres os representantes de Marea e do BNG optaron pola abstención.

A oposición criticou a falta de transparencia e de participación e esixiu ao Goberno un proceso de proposta de alegacións aberto a toda a cidadanía.


 

Noticias web

26/08/2021