CRTVG

Buscar

Aprobado, co aval de tres sindicatos, o plan que reforza o Sergas con máis de mil contratos

Publicado o 25/11/2020 22:13
Aprobado, co aval de tres sindicatos, o plan que reforza o Sergas con máis de mil contratos

O plan de continxencia deseñado pola Consellería de Sanidade para reforzar os recursos humanos fronte á pandemia da covid-19, que reforza o cadro con máis de mil contratos, quedou aprobado por tres do cinco sindicatos que participaron na Mesa Sectorial -CC.OO., SATSE e CSIF-.

Así o ratificaron fontes sindicais que participaron na Mesa Sectorial na que se continuou negociando un texto do que CIG, sindicato maioritario no ámbito sanitario, e UXT, se descolagaron. Na liña do xa avanzado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na pasada xornada, o documento aprobado reflicte que Sanidade efectuará arredor duns 1.200 contratos: uns 750 profesionais de enfermaría e arredor de 400 máis doutras categorías que inclúen técnicos de laboratorio, auxiliares de enfermaría e celadores, entre outros profesionais.

Estas contratacións, segundo ratificou Sanidade, unha vez pechadas as negociacións do plan de continxencia, formalizaranse mediante a creación dunha nova modalidade de contrato que se denomina nomeamento eventual por emerxencia sanitaria. A súa duración mínima será de seis meses.

 Pola súa banda, Sanidade destacou que se recoñece o "esforzo" dos traballadores que estiveron dispoñibles durante a pandemia e que o sigan estando ata a finalización do Estado de Alarma; e que se recoñece un permiso adicional compensatorio para o persoal que presta servizos en primeira liña covid, tales como o persoal de plantas de hospitalización covid, críticos circuítos covid de Atención Primaria e hospital e persoal asistencial do 061.

Tamén recalcou que se inclúe o compromiso de negociar de modo inmediato na Mesa Sectorial unhas bases para a implantación dun réxime de teletraballo e medidas de flexibilidade horaria nas institucións sanitarias do sistema público de saúde autonómico. Así mesmo, Sanidade pon o acento en que se avanzou a incorporación o a lei de medidas que acompaña aos orzamentos para 2021 da modificación normativa que permitirá que as traballadoras do Sergas, calquera que sexa a súa categoría, perciban a totalidade das súas retribucións nos supostos de adaptación do posto de traballo por mor de embarazo ou lactación.

Pero, ademais, na Mesa Sectorial repasáronse as prazas da OPE de 2021 e abordáronse outras cuestións, como o compromiso do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, de que prestar servizos durante a pandemia sexanun plus  nas ofertas públicas de emprego, unha cuestión que non convence aos sindicatos, remisos aos cambios "continuos" nos baremos. En todo caso, a concreción deste compromiso negociarase máis adiante co decreto da propia

A postura dos sindicatos

Aínda que o acordo con todas as medidas que recolle o plan non é total, o documento, segundo as distintas fontes sindicais foi exposto como "un documento global", e logrou o apoio de CC.OO., SATSE e CSIF. Fontes de CIG e UXT manifestaron o seu rexeitamento cara a un plan cuxas medidas consideran "insuficientes". CIG sostén, por exemplo, que solicitou a súa retirada porque a compensación ao persoal eventual debe estar compensado con estabilidade na contratación e estabilidade nas ofertas de emprego público.

A xuízo desta central sindical, o plus de puntuación aprobado vai a distorsionar os baremos de selección persoal, á vez que estima que para conseguir esta puntuación o persoal pode chegar a ter que renunciar a dereitos recoller na Lei de emprego público, como permisos para conciliación da vida familiar. En todo caso, o Sergas aceptou fraccionar esta puntuación por meses, para evitar que se nalgún momento a persona non estivo dispoñible, compútenlle o resto de meses nos que si traballou. Será a razón de 0,15 puntos por mes traballado. UXT ségueo considerando "inxusto" a pesar da concesión de fraccionar a puntuación.

Pola súa banda, Satse confirmou o apoio a este documento porque, aínda que non se recolleron as reclamacións na súa integridade, a incorporación da compensación con permisos por "sobrecarga" de traballo foi unha das cuestións que decantou o voto a favor. Ademais, saúda a "flexibilización" con respecto á puntuación adicional, posto que lembrou que algunhas situacións de indispoñibilidade "son legais e lexítimas".

Pola súa banda, CC.OO. celebra o recoñecemento ao persoal temporal que prestou os seus servizos na pandemia e incide no éxito de que se recoñeza un descanso, xa que "puxo como condición" para asinar o plan un recoñecemento en días libres para o persoal que traballou desde marzo con pacientes covid.