CRTVG

Buscar

Aprobada en España a primeira inmunoterapia pública do mundo contra a leucemia

Publicado o 11/02/2021 09:07

A terapia CAR T, desenolvida no hospital Clinic de Barcelona, é a primeira creada integramente en Europa, e está indicada para adultos maiores de 25 anos con leucemia linfoblástica aguda en estado avanzado.

"Unha situación na que xa non había outro tratamento, e o noso é unha oportunidade", explica Álvaro Urbano, director do Instituto de Hematoloxía e Oncoloxía do Clínic.

É un tratamento desenvolvido e producido no propio hospital, menos tóxico que outros fármacos e máis económico.

Manel Juan, xefe de Inmunoloxía e responsable da produción de inmunoterapia do hospital Clínic di: "Non buscamos compensación, simplemente cubrir os custos".

Primeiro extraen sangue da persoa e modifican xeneticamente as súas propias células inmunitarias e despois recoñecerán as células tumorais para eliminalas. O paciente é o seu propio doante. Un tratamento cuxo beneficio demostrobu ser, segundo os investigadores, un 40 % superior ao doutros fármacos de útlima xeración. E que democratiza e facilita o acceso á inmunoterapia na loita contra o cancro.

Noticias web

11/02/2021