CRTVG

Buscar

Aprobada con amplo consenso a renovación do Pacto de Toledo

Publicado o 27/10/2020 21:23

Despois de catro anos de traballos, luz verde para iniciar a reforma do sistema de pensións en España. A Comisión do Congreso aprobou a renovación do Pacto de Toledo. Foi cun amplo consenso político. Só votou en contra Vox e ERC e Bilbu abstivéronse.

O Pacto de Toledo recomenda que as pensións se suban co IPC, que se elixan os anos máis favorables para calcular a pensión ou que se procure separar as fontes de financiamento do sistema.

Esta é a terceira renovación do Pacto de Toledo que se fai en 25 anos.


 

Noticias web

27/10/2020