CRTVG

Buscar

Bos días

Aprobada a primeira fase da estación intermodal de Santiago

Publicado o 06/10/2017 09:40
Apróbase o proxecto da estación intermodal de Santiago. A primeira fase das obras licitarase este ano e está previsto que os traballos comecen no primeiro semestre de 2018.

Nesta primeira fase investiranse once millóns de euros na construción do edificio dunha nova estación de buses e dunha pasarela que conectará as terminais de autocares e de ferrocarril.
O vicepresidente, Alfonso Rueda, dixo que a segunda fase, a da construción da nova estación de trens, está en anteproxecto.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

06/10/2017