CRTVG

Buscar

As obras da futura estación intermodal de Santiago empezarán o ano que vén

Publicado o 05/10/2017 15:04

A Xunta aprobou, tal e como adiantara o presidente no Debate de Política Xeral, o proxecto para a estación intermodal de Santiago. As obras comezarán nos próximos meses.

O Goberno galego tamén autorizou a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, e estes dous acordos permitirán axilizar os prazos de tramitación a seis meses.

A Xunta prevé que a licitación da primeira fase das obras, que inclúe a construción da estación de buses e pasarela que a unirá coa terminal de trens, se faga antes de que remate o ano e que os traballos comecen no primeiro semestre de 2018.

Nesta primeira fase investiranse 11 millóns de euros dos case 42 previstos no total da obra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2017