CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Apreixado un buque galego na Arxentina por pesca ilegal

Publicado o 05/02/2018 21:00
Imos agora ata A Arxentina para coñecer a última hora sobre o buque galego apresado pola garda costeira por un presunto delito de pesca ilegal mentres faenaba en augas do Atlántico sur.
Cristina Terceiro.

O buque Playa Pesmar Uno, con base en Marín, que foi apresado pola garda costeira arxentina coa rede desplegada na Zona Económica Exclusiva do país suramericano, está a ingresar arestora no porto de Comodoro Rivadavia, onde quedará retido, acusado de "pesca ilegal" e onde o capitán será interrogado pola xuiza a cargo do caso.

Os 34 tripulantes do pesqueiro, na súa maioría galegos, colaboraron dende o primeiro momento coas autoridades locais, que tacharon de "millonario" o valor das 320 toneladas de peixe procesado que gardaba nas súas bodegas.

A revisión da caixa azul do barco axudará a esclarecer se existen irregularidades.

Empresarios do sector aseguran que esta rexión do Mar Arxentino, en plena tempada alta de captura, está ateigada de pesqueiros, unhas 400 naves especialmente asiáticas, e as autoridades locais contan con poucos efectivos para custodiar as súas costas.

Neste senso, a ministra de Seguridade arxentino dixo que fortalecerán a presenza estatal nas augas para garantir que se cumpra a lei.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

05/02/2018