Aprázase unha semana o final da Terceira División
Publicado o 09/02/2021 21:20
A Federación Galega aprazou unha semana o final da Terceira División para facilitar a disputa de partidos aprazados pola COVID−19. Así, o grupo galego finalizará a competición o 28 de marzo e non o 21 como estaba previsto. E a fin de semana do 21 de febreiro reservarase para xogar encontros pendentes. Esta foi a decisión adoptada hoxe polo comité de competición da Federación Galega, pola gran cantidade de partidos suspendidos nas últimas semanas.