CRTVG

Buscar

Adían a declaración dos profesores da ESAD investigados por acoso sexual

Publicado o 03/02/2021 16:02

Estaba previsto que declarasen en Vigo os tres profesores da Escola Superior de Arte Dramática investigados por acoso sexual. As primeiras denuncias saron á luz hai un ano.

Está aberta a investigación xudicial e son tres os profesores investigados por un presunto delito continuado de acoso sexual. Os tres foron xa apartados da actividade docente de forma cautelar.

En marzo do ano pasado, os alumnos desta Escola Superior de Arte Dramática fixeran varios actos para denunciar o que chamaban un segredo a voces.

Trataríase de comentarios sexuais, tocamentos ou outras formas de abuso de poder, sobre todo entre os anos 2018 e 2020. 

Estaban citados esta mañá, pero suspendeuse porque unha das avogadas está en corentena. Prevese que teñan que acudir ao xulgado ao redor dunha vintena de testemuñas entre alumnos e profesores.

Noticias web

03/02/2021