CRTVG

Buscar

Aprazado tamén o Racing-Guijuelo polos positivos no equipo galego

Publicado o 09/03/2021 13:25

• Aínda non hai data para este partido nin para o do Coruxo

O Racing recibiu a confirmación oficial. Queda posposto o partido co Guijelo que se debía xogar o domingo. Así que cando acabe esta xornada quedará só a última e os ferroláns terán tres partidos pendentes. Desde o mércores pasado todo o equipo está en corentena e seguirán polo menos ata o venres, cando se sometan a novas PCR.

José Criado, presidente do Rácing de Ferrol: "O que non pode ser é sair da corentena e xogar despois de doce días parados. Hai unha marxe de tempo prudencial para que todo se normalice"

A solución sería atrasar a última xornada, xa que hai unha data libre antes de que empece a segunda fase da competición. Apuntouno primeiro o Coruxo pero todo o grupo galego da Segunda B se ve afectado polo apertada que está a clasificación. O Rácing pide tempo entre o desconfinamento e os partidos.
José Criado, presidente do Rácing de Ferrol: "·Catro, cinco ou seis días. Estamos esperando que nos digan algo. Hai tempo para facer as cousas ben."