CRTVG

Buscar

Aprazado sen día o xuízo dos 'Miguelianos'

Publicado o 14/09/2018 21:20

Aprazado por segunda vez o inicio do xuízo dos coñecidos como "Miguelianos" que estaba sinalado para o vindeiro martes. Desta volta, a sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra posterga a vista 'sine die' por toparse doente o avogado do líder da organización. Miguel Rosendo permanece en prisión provisional dende hai case catro anos. Acusado de asociación ilícita, coaccións, delitos contra a integridade moral, agresión e abuso sexual, o Ministerio Público solicita que sexa condenado a 66 anos de cadea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018