CRTVG

Buscar

Aprazada a candidatura da Ribeira Sacra como patrimonio mundial da Unesco

Publicado o 03/06/2021 16:00

A presentación da Ribeira Sacra para a súa inclusión na lista de patrimonio mundial da Unesco, terá que agardar algo máis.

Só quedaba o último paso para presentar a candidatura, pero a Xunta e o Goberno central acordaron conxuntamente o aprazamento.

Anunciárono este xoves o conselleiro de Cultura, Román Rodriguez, e o embaixador de España ante a Unesco, tras manter un encontro en París. Din que con esta decisión pretenden fortalecer aínda máis a candidatura, atendendo ás avaliacións e informes do organismo asesor.

Noticias web

03/06/2021