CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Apps curiosas para o móbil

Publicado o 31/07/2018 15:25

A tecnoloxía pode axudar, e moito, a que as súas vacacións sexan case perfectas. A golpe de clic xa poden dar coas mellores praias ou saber se están perfectamente hidratados. O único inconveniente desta inestimable axuda é que non poderán despegarse do seu móbil durante o seu tempo descanso.

Beber suficiente auga, elixir a mellor praia ou facer a maleta dunha maneira en que nos caiba todo o que queremos son algunhas das preocupacións propias do verán que varias aplicacións para o móbil nos axudan a solucionar.

Medusapp é unha aplicación que nos avisa en tempo real da presenza de medusas nas praias. Os propios usuarios ofrecen a información a tempo real e, ademais, indícannos como actuar se resultamos feridos por algunha segundo a especie.

Se a súa preocupación é en que praia hai as mellores condicións atmosféricas, a súa app é iBeach. Esta serve para coñecer o estado das costas españolas. Indica a temperatura da auga, a sensacion térmica ou o ondaxe. Imposible non dar coa mellor praia.

Se somos dos que nos custa beber auga durante o día, Aqualert é a solución. Indícanos a cantidade de auga exacta que debemos beber segundo o seu peso, xénero e actividade física, ademais de recordarnos cando debemos hidratarnos mediante alertas.

E se o seu problema é organizar a súa viaxe, debe descargar Packr. Unha aplicación que nos axuda a facer a maleta, o neceser, recordarnos o que temos que facer antes de marchar ao noso destino ou indicarnos que obxectos necesitamos segundo os nosos plans.

Xa se encarga a tecnoloxía de que as nosas vacacións sexan perfectas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí