CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

Apple promociona libros de texto dixitais feitos en Bueu

Publicado o 07/01/2018 12:59

Dous profesores de ensino secundario do IES Illa de Ons de Bueu elaboraron tres libros de Historia da Arte interactivos para alumnos de bacharelato e primeiros cursos universitarios. O bo facer dos profesores e da empresa de deseño do Grove chamóu a atención da multinacional Apple que promocionou os libros con banners a nivel internacional.