CRTVG

Buscar

Unha aplicación para o móbil convértese en viral e pon en risco información dos usuarios

Publicado o 18/07/2019 18:30

Deportistas de elite como Messi ou Ronaldo caeron na tentación. O xogo consiste neste caso en ver o futuro. Como seremos cando teñamos 70 ou 80 anos? Agora xa podemos vernos cunha aplicación que avellenta os rostros. A FaceApp arrasa nas redes, un fenómeno absolutamente viral que tamén ten os seus riscos. 

Xa non temos que imaxinar como imos ser de vellos. A intelixencia artificial, contra o paso do tempo, xa é capaz de avellentarnos. Medio mundo mírase e mira con curiosidade a deportistas, artistas, personaxes populares que sucumbiron a esta nova moda. A FaceApp, un programa ruso para móbiles, está arransando nas redes.

 Botarlle un ollo ao futuro podería ser un pacto co demo, e, de feito, moitas voces alertan do risco de baixar aplicacións como Faceapp. Millóns de fotos e datos que se converten en información privada sobre os usuarios e que poden ter consecuencias para a nosa vida real. Pero somos quen de resistirnos ao xogo? 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/07/2019