CRTVG

Buscar

Nace en Galicia a primeira app de España que permite ir de compras ou tomar algo de xeito seguro

Publicado o 21/05/2020 14:49

O comercio vai paseniño recuperando parte da súa actividade. Faino con limitacións e con certa preocupación entre algúns usuarios. Precisamente para retomar esa confianza entre ambas partes nace esta aplicación móbil. Chámase localsafe.

"Para que o usuario cando vaia asistir, ou vaia comer, ou vaia ao médico ou á prruquería, teña esa confianza, estea a gusto, estea tranquilo a nivel hixiénico sobre todo, porque confía en que o profesional está facendo o que ten que facer para protexelo".

A aplicación publica toda a información que ten o comercio en canto a calidade, hixiene, desinfección e seguridade, tamén procesos de certificación verificados por auditorías. O usuario pode despois valorar, validar e opinar sobre os establecementos que se clasifican en distintos niveis de seguridade: prata, ouro e platino.

"Todos temos moitas ganas, pero todos temos tamén moito medo e esto vainos permitir, pensamos que nos pode permitir ter esa tranquilidade, ir comer ou ir facer un tratamento e estar tranquilos".

Máis de 13.000 empresas de toda España mostraron o seu interese nesta aplicación, que sae ao mercado o vindeiro 1 de xuño.

Noticias web

21/05/2020