CRTVG

Buscar

Apnea do sono e covid-19, unha mestura que pode causar problemas

Publicado o 27/01/2021 17:48

A apnea, ou interrupción da respiración durante o sono, é un trastorno común. Moitos dos afectados adoitan durmir pegados a unha CPAP, unha máscara que insufla aire a presión que non deberían usar se teñen síntomas de covid-19.

Só na área sanitaria da Coruña hai 5.000 pacientes que as usan na casa. Se teñen coronavirus, cómpre levar a desinfectar a máquina e prescindir dela uns días.

O desexable é que as persoas con apnea extremen a precaución e non cheguen a coller a covid, xa que neles a enfermidade pode ser máis grave.

Malia ser unha doenza moi frecuente, son poucos os que saben que a teñen, calcúlase que só o 20 % dos casos están diagnosticados.

Noticias web

27/01/2021