CRTVG

Buscar

Aplican controis en Ourense para garantir o confinamento na fin de semana

Publicado o 27/03/2020 15:35

É un dos cinco puntos nos que Policía Local e Nacional controlan os accesos á cidade de Ourense. Non se poderá entrar nin saír sen que o traslado estea xustificado.

Son 20 axentes máis que se suman aos que seguirán facendo os controis habituais en Ourense. A policía dentificará os ocupantes dos vehículos desde este mediodía e ata o domingo. A finalidade principal é a de impedir traslados a segundas residencias por mor da fin de semana.

Os controis establécense en puntos estratéxicos da cidade como son as vías de saída e as confluencias coas estradas nacionais.

Noticias web

27/03/2020