CRTVG

Buscar

Unha muller de 100 anos e con varias patoloxías supera o coronavirus en Santiago

Publicado o 15/04/2020 21:21

Chámase Carmen e en agosto fará 101 anos. Hoxe volvía á residencia DomusVi San Lázaro, curada tras superar o coronavirus. Ingresárona o pasado 23 de marzo no hospital da Rosaleda despois de que na residencia detectaran que tiña algunhas décimas de febre. Nin a súa avanzade idade, nin as súas patoloxías previas puideron con ela. A recuperación de Carmen supón tamén unha inxección moral para todos os traballadores da residencia que a recibiron entre aplausos.

 

Noticias web

15/04/2020